HomeDeportesO Club Korbis homenaxea a Tomé “pola súa implicación co deporte base...

O Club Korbis homenaxea a Tomé “pola súa implicación co deporte base e polo apoio mostrado ó voleibol”

O Executivo de José Tomé destina ó Club Korbis axudas por un total de máis de 16.000€, ademais de colaborar con trofeos e medallas nos distintos campionatos locais que organizan ó longo do ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado pola tarde o Club Korbis fixo entrega ao alcalde de Monforte, José Tomé, dun trofeo conmemorativo en agradecemento “pola súa implicación co deporte base da cidade de Monforte e polo seu apoio mostrado ó voleibol”.

A homenaxe tivo lugar, no pavillón polideportivo da Pinguela, durante a celebración da festa organizada polo Club Deportivo Korbis para homenaxear ós xogadores e xogadoras dos diferentes equipos de voleibol que o conforman. Da celebración participaron ademais dos deportistas e diferentes membros do club, pais, nais, familiares, simpatizantes e colaboradores, entre os que se atopa o Concello de Monforte.

Tras este recoñecemento, disputáronse dous partidos co Club Voleibol Cambados, nas categorías alevín e cadete feminino.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...