HomeDeportesA Carreira Popular monfortina, outro gran evento que se consolida na cidade

A Carreira Popular monfortina, outro gran evento que se consolida na cidade

O Alcalde, José Tomé, non puido estar presente no transcurso da mesma nin na entrega de premios pero trasladou a súa satisfacción polo número de inscricións e polo apoio amosado pola veciñanza que viviu de preto o evento. Dous ourensáns levaron o triunfo na categoría absoluta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde, José Tomé Roca, trasladou a súa satisfacción tralo remate da 14ª edición da Carreira Popular de Monforte afirmando que “esta cita deportiva resultou todo un éxito, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, encheu a zona de saída e meta, na Compañía“.

A choiva, moi presente toda a fin de semana nas Terras de Lemos, deu unha tregua importante durante as probas que se realizaron este domingo 28 de abril a partires das 11:00 h. e que tiñan como saída e meta a explanada da Compañía. A auga fixo acto de presenza só ao final, rematando a proba absoluta de 10 quilómetros e durante non moitos minutos, o que non impediu finalizar o evento coa entrega de premios.

Monforte demostrou, tanto a nivel de inscricións, con 977 deportistas anotados/as que participaron nas 14 categorías da XIV Carreira Popular, como a nivel de apoio de público –na Compañía e nas rúas por onde transcorrían as carreiras–, que este evento é moi querido pola xente e que segue gañando interese ano a ano.

O Club de Atletismo local da Gándara demostrou o seu bo facer e traballo no fomento do atletismo dados os resultados dos seus atletas, e no que respecta á categoría absoluta dos 10 quilómetros, salientar que foron dous ourensáns os que levaron os primeiros premios. En categoría masculina absoluta o gañador foi o ourensán Alejandro Fernández, mentres que na absoluta feminina o primeiro premio foi para a ourensá Begoña Domínguez.

Saída da Carreira Absoluta. Foto: Concello de Monforte.
ENTREGA DE PREMIOS

Na entrega de premios posterior a todas as probas disputadas o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, foron os encargados de entregalos aos atletas gañadores, xunto cos representantes de BNG e PP na corporación municipal, Emilio e Katy.

RESULTADOS POR CATEGORÍAS

-Prebenxamín masculina:

  1. Alejandro Farias Novoa
  2. Bruno Otero Cid
  3. David López Cassillas

-Prebenxamín feminina:

  1. Erea López Casares
  2. Amina Chaggour
  3. Lola Rodríguez Franco

-Benxamín masculina:

  1. Alexandre Costa Vázquez
  2. Sergio Álvarez Estrada
  3. Asier Baldomar de la Fuente

-Benxamín feminina:

  1. Estela Dacosta Losada
  2. Ana Vázquez Méndez
  3. Antía Camino Rodríguez

-Alevín masculina:

  1. Mauro Figueiras Hermilla
  2. Christian Alexander Brown Ravagni
  3. Lois Rodríguez Nieves

Alevín feminina:

  1. Sabela Sánchez Payo
  2. Elia Silvarrey López
  3. Martina Martínez Lillo

-Infantil-Cadete masculina:

  1. Ismael Rodríguez Nieves
  2. Daniel Martínez González
  3. Mateo Rodríguez

-Infantil-Cadete feminina:

  1. Sara Pérez Pallín
  2. Alba Ferreiro Rodríguez
  3. Kalina Stefanov García

-Absoluta masculina:

  1. Alejandro Fernández Rivera
  2. José Canda Louzao
  3. Alejandro Cadaya

-Absoluta feminina:

  1. Begoña Domínguez Montes
  2. Antía Rodríguez Abad
  3. Sandra González Fernández

-Equipos 10K:

  1. Alex Team A
  2. Atletismo Arenteiro
  3. Alex Team B

Máis información sobre a carreira en: https://monforte10k.com

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...