HomeDeportesIntenso mes de actividade deportiva en Prodeme

Intenso mes de actividade deportiva en Prodeme

A asociación monfortina Prodeme, de apoio a persoas con discapacidade intelectual, levará a cabo unha serie de actividades deportivas en diversas localidades.

Publicado o

- Advertisement -

Este mes de maio a asociación Prodeme levará a cabo unha serie de actividades deportivas en diferentes localidades da xeografía peninsular co obxectivo de promover a inclusión a través do deporte.

As actividades darán inicio o día 11 de maio en Antas de Ulla, onde a asociación participará nun campionato autonómico de campo a través e petanca organizado por Special Olympics Galicia. Máis de cincuenta deportistas da entidade monfortina asistirán ao evento. Paralelamente a esta competición, 5 xogadores pertencentes á asociación, foron convocados polo CD Lugo da Liga Genuine e viaxarán a Burgos co equipo a disputar partidos toda a fin de semana.

A seguinte semana, do 16 ao 19 de maio, seis deportistas da asociación viaxarán a Castellón de La Plana para participar nun campionato nacional de pádel organizado por Special Olympics España. A expedición estará dirixida polos adestradores Manuel Luaces e Belén Pérez.

Xogadores de Pádel co adestrador, Manuel Luaces. Foto: Prodeme.

“É a primeira vez que asistimos a un evento deste tipo e o noso obxectivo é gozar, coñecer novas persoas e avaliar o nivel dos nosos xogadores e das nosas xogadoras con respecto a outras entidades“, comentou Manuel Luaces.

Para pechar o mes de actividades deportivas, do 31 de maio ao 2 de xuño, cinco xogadores da asociación participarán nun torneo internacional de fútbol sala, que se disputará en Aragón, como parte dunha selección galega integrada por xogadores de Prodeme e da asociación ASPAS de Santiago.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...