HomeDeportesIntenso mes de actividade deportiva en Prodeme

Intenso mes de actividade deportiva en Prodeme

A asociación monfortina Prodeme, de apoio a persoas con discapacidade intelectual, levará a cabo unha serie de actividades deportivas en diversas localidades.

Publicado o

- Advertisement -

Este mes de maio a asociación Prodeme levará a cabo unha serie de actividades deportivas en diferentes localidades da xeografía peninsular co obxectivo de promover a inclusión a través do deporte.

As actividades darán inicio o día 11 de maio en Antas de Ulla, onde a asociación participará nun campionato autonómico de campo a través e petanca organizado por Special Olympics Galicia. Máis de cincuenta deportistas da entidade monfortina asistirán ao evento. Paralelamente a esta competición, 5 xogadores pertencentes á asociación, foron convocados polo CD Lugo da Liga Genuine e viaxarán a Burgos co equipo a disputar partidos toda a fin de semana.

A seguinte semana, do 16 ao 19 de maio, seis deportistas da asociación viaxarán a Castellón de La Plana para participar nun campionato nacional de pádel organizado por Special Olympics España. A expedición estará dirixida polos adestradores Manuel Luaces e Belén Pérez.

Xogadores de Pádel co adestrador, Manuel Luaces. Foto: Prodeme.

“É a primeira vez que asistimos a un evento deste tipo e o noso obxectivo é gozar, coñecer novas persoas e avaliar o nivel dos nosos xogadores e das nosas xogadoras con respecto a outras entidades“, comentou Manuel Luaces.

Para pechar o mes de actividades deportivas, do 31 de maio ao 2 de xuño, cinco xogadores da asociación participarán nun torneo internacional de fútbol sala, que se disputará en Aragón, como parte dunha selección galega integrada por xogadores de Prodeme e da asociación ASPAS de Santiago.

ÚLTIMAS

‘Gorilas!!!’ o novo xogo de cartas de Muki, veciña da Pobra do Brollón

Tralo éxito de Cordadas, o primeiro xogo de cartas en galego creado por María...

Mercado de oportunidades en Monforte para pechar a tempada de inverno

Baixo o título "As Oportunidades de Inverno do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte" vólvese celebrar...

O cartel “O Curso do Viño” anunciará a XLIII Feira do Viño de Quiroga

A pesar de non residir en Quiroga, a autora si visita habitualmente Os Anguieiros -...

O PP de Monforte denuncia que seguen os cortes de abastecemento por roturas na rede

A voceira popular, Katy Varela, explica que hai uns días que se realizaron as...