HomeDeportesTrofeo ao equipo alevín do C.B. Val de Lemos como gañador da...

Trofeo ao equipo alevín do C.B. Val de Lemos como gañador da Liga de 2ª provincial

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Coordinador de deporte escolar da delegación da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat, e polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega do galardón este xoves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo monfortino recibiu o trofreo correspondente á Liga de 2ª Provincial de baloncesto, na categoría alevín na territorial de Ourense.

A entrega deste trofeo que é un recoñecemento o éxito acadado pola división alevín deste club de baloncesto, fixose durante o transcurso do campionato BabyBasquet 2024, organizado en colaboración co Concello de Monforte e a Federación Galega de Baloncesto, no novo pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.

Neste campionato achegaronse ata Monforte os equipos ourensáns do A.B.O., C.B. Ourense, C.B. Maside, C.B. Allariz, A. B. Xinzo, Vedruna, Femenino O Barco, BBall OU, Depordima, así como o C.B. Val de Lemos.

ÚLTIMAS

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...

Máis de mil persoas manifestáronse en Santiago de Compostela pola “paz e soberanía” de Venezuela

A concentración, convocada pola Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo), foi secundada por sindicatos, asociacións...