HomeDeportesO Alcalde de Monforte recibe aos deportistas do Club Quixós tras o...

O Alcalde de Monforte recibe aos deportistas do Club Quixós tras o Campionato de Europa de Augas Bravas Junior e Sub-23  

José Tomé, en representación do Equipo de Goberno e do Concello, quixo homenaxear aos 5 deportistas do Club Quixós de piragüismo polos excelentes resultados acadados no Campionato de Europa de Augas Bravas Junior e Sub-23 celebrado en Dallenwil (Suiza) do 3 ao 6 de xullo. O acto tivo lugar o pasado luns 5 de agosto no Salón de Plenos da Casa do Concello monfortina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cinco deportistas do Quixós competiron a nivel europeo a principios do mes de xullo en Suiza. Pecharon un gran campionato no que destacaron as medallas de bronce de Noa Díaz Quintián e Ximena Prats Moreiras na modalidade C1 patrullas e na modalidade clásica C2. Os outros tres deportistas homenaxeados que tamén participaron neste campionato foron: Efrén Álvarez Vázquez, Gabriel Rodríguez López e Jacobo Rodríguez López.

No acto de recoñecemento, o Alcalde estivo acompañado polos 5 deportistas homenaxeados, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, así como familiares e representantes do Club Quixós de piragüismo. Os e as piragüistas presentes recibiron un trofeo individual personalizado en recordo dos éxitos acadados en cada caso. Ao mesmo tempo, tamén se fixo entrega dun trofeo conmemorativo ao Club, galardón que recolleu o presidente Iván Gutiérrez, e o director deportivo, Santi Díaz.

O que non entraba no guión foi a sorpresa que lle tiñan os deportistas ao Alcalde. Fixéronlle entrega dun obsequio de agradecemento polo apoio ao Club consistente nun póster enmarcado coa sinatura e fotografías dos deportistas que estiveron no Campionato de Europa.

Os mellores resultados acadados por estes deportistas no devandito campionato europeo foron os seguintes:

Noa Díaz Quitián: Clásica C2, 3ª; Patrullas clásica C1, 3ª; Sprint C2, 4ª e Patrullas sprint C1: 4ª.

Ximena Prats Moreiras: Clásica C2, 3ª; Patrullas clásica C1, 3ª; Sprint C2, 4ª e Patrullas sprint C1, 4ª.

Efrén Álvarez Vázquez: Patrullas Sprint K1, 8º.

Gabriel Rodríguez López: Patrullas clásica K1, 10º e Patrullas sprint C2, 10º.

Jacobo Rodríguez López: Patrullas clásica K1, 9º.

Foto de Familia co grupo do club que acompañou aos piragüistas homenaxeados. Foto: XMF.
FELICITACIÓNS E REIVINDICACIÓNS

O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e ás súas familias polo apoio constante, e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial”. Así mesmo, lembrou que “dende o Equipo de Goberno puxemos en marcha no ano 2022 unha liña de axudas dotada con 12.000 euros, e destinadas a axudar ós clubs monfortinos que participen en campionatos de España, de Europa ou do Mundo”.

Pola parte do Club Quixós aproveitaron a ocasión para agradecer as axudas comentadas e tamén para reivindicar unhas novas instalacións, demanda que xa se coñece dende hai anos no concello. En palabras de Tomé, como réplica, “témolo presente e todo chegará, estas cousas levan o seu tempo, pero non nos esquecemos…”

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...