HomeDeportes200 ciclistas participan na ruta Santa Cruz Bike que se celebra o...

200 ciclistas participan na ruta Santa Cruz Bike que se celebra o 24 de agosto

Santa Cruz Bike encherá un ano máis esta parroquia soberina de ciclistas que busquen un sábado diferente, sendo xa un referente nas probas ciclistas non competitivas da provincia e completando sempre o número de prazas nos últimos anos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 24 de agosto, a parroquia Santa Cruz de Brosmos, en Sober, reunirá a 200 ciclistas de BTT para participar neste percorrido de preto de 50 quilómetros. Trátase dunha proba non competitiva que permite aos participantes coñecer a beleza da paisaxe desta parroquia da Ribeira Sacra, ao tempo que se goza do deporte e a natureza.

O percorrido ten un trazado de 29 quilómetros de sendeiros, máis de 14 quilómetros de pista e preto de 6 quilómetros de estrada, ademais os ciclistas contarán con tres puntos de avituallamento e zona de duchas, aparcamentos ou limpeza de bicicletas.

A cita está organizada por Biciracing Monforte, e conta coa colaboración do Concello de Sober e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Deportes, que “destaca a importancia de apoiar estas probas que demostran o compromiso e a clara aposta polo deporte, polo turismo e polo territorio que se mantén ao longo do ano con diferentes iniciativas”.

ÚLTIMAS

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...