HomeDeportesO 1 de setembro ábrense as inscricións para o Quiroga Trail Challengue

O 1 de setembro ábrense as inscricións para o Quiroga Trail Challengue

O 15 e 16 de febreiro de 2025 volverase a gozar do marco incomparable do Xeoparque Montañas do Courel e da comarca de Quiroga durante a XI Edición do Quiroga Trail Challengue.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro domingo, 1 de setembro, ás 20.00 h., comezará unha vez máis o prazo para anotarse na XI Edición do Quiroga Trail Challengue.

Nesta edición aparecen novas distancias que buscan os mellores percorridos e adaptarse a todos os gustos. En distancia ultra poderase escoller entre 83 ou 53 kms, para os que queiran dar o salto a esta modalidade.

Permanece a maratón de 42, o trail de 29 e o minitrail de 17 kms. Estrearase distancia de 10 kms, tanto o sábado coma o domingo: “as carreiriñas”, para aqueles que busquen iniciarse no mundo do trail ou, simplemente, gozar dun percorrido máis curto. Tamén se manterá a andaina do sábado e as modalidades de circuíto: correr os dous días da fin de semana ou un único día de calquera dos dous. Imposible non ter unha opción que encaixe.

QUIROGA TRAIL CHALLENGE / Miguel Rúa

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...