HomeDeportesClube DHG Team de Sarria, o ciclismo como estandarte

Clube DHG Team de Sarria, o ciclismo como estandarte

Garantida a celebración das actividades que organiza o Clube, Descenso Urbano de Sarria, do Open Galego DH, do Open Galego de Enduro, da Ruta Cicloturista e do Día da Bicicleta.

Publicado o

- Advertisement -

O DHG Team de Sarria organiza o Descenso Urbano de Sarria, catalogado pola Unión Ciclista de España como o mellor descenso urbano do país. Este ano celebrou a súa sétima edición reunindo a máis de 5.000 persoas, entre participantes e público. O DHG Team tamén organiza o Open Galego que este ano chegou á novena edición e congregou en Sarria a un cento de persoas.

Ademais destes eventos de carácter competitivo, o clube organiza unha ruta cicloturista aberta a todo o público, na que este ano participaron un cento de veciños e que transcorreu polos concellos de Sarria, Páramo e Paradela e celebra o Día da Bicicleta, un evento dirixido pais e nenos que no 2108 reuniu a máis de 400 persoas.

O Clube conta con 80 integrantes e actividades totalmente consolidadas na axenda deportiva do Concello de Sarria. Para apioar estas iniciativas a Deputación fai unha achega de 6.000 euros. Desde o organismo provincial aseguran que “o DHG Team tense convertido nun axente dinamizador social e económico da vila, pois ao longo do ano organiza varias citas xa consolidadas e cunha importante repercusión a nivel galego e estatal”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...