HomeDeportes112.000€ para renovar os parasois da grada do campo de fútbol da...

112.000€ para renovar os parasois da grada do campo de fútbol da Pinguela

Na actualidade eses toldos están moi deteriorados e obsoletos. Así desde o concello de Monforte decidiuse acometer o desmonte dos elementos actuais e a posterior colocación duns toldos novos, de maior calidade, motorizados e automatizados, cun sistema de sensores vento-sol-choiva e uns mandos que permitirán o seu accionamento de forma automática.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais. Dada a orientación suroeste desta bancada, fai uns 20 anos colocáronse uns toldos automáticos no extremo da cuberta para protexer do sol e da choiva ós espectadores, xa que nos días de partido, ás horas en que se adoita disputar pola tarde, o sol está moi baixo e molesta directamente de fronte ós espectadores que sentan na devandito bancada, ou cando chove tamén afecta ós espectadores que se sitúan nela.

“Coa nova solución aportada, que consistirá na instalación de 17 toldos de 5,60 x 4,50 metros, no extremo da cuberta do graderío, e cos seus correspondentes 17 motores para estendelos ou recollelos, o público que asista ás competicións deportivas que se desenvolvan no Campo da Pinguela, xa non se verán afectados pola incidencia do sol ou da choiva”, destaca o alcalde, José Tomé.

Este proxecto ten un orzamento de 111.414,50 euros (IVE engadido). O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o luns 9 de decembro deste ano 2024. A mesa de contratación para a apertura dos sobres correspondentes será o mércores 11 de decembro de 2024.

Os criterios de adxudicación serán:

  • Prezo: 60 puntos.
  • Reducción do prazo de garantía: 40 puntos

O prazo de entrega de materiais e de instalación dos mesmos está previsto que sexa de 2 meses.

Xunto con esta última acción que suporá a renovación dos parasois do Campo da Pinguela, o Executivo de José Tomé, leva investido nos últimos anos 310.000€ nesta instalación deportiva (309.769,28€), “o que demostra o compromiso deste Goberno municipal coas instalacións deportivas da cidade”.

ÚLTIMAS

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...