HomeDeportesÁbrense as inscricións para participar na carreira Sarria 10km

Ábrense as inscricións para participar na carreira Sarria 10km

A carreira, organizada polo Club Running Sarria CCNorte e que conta tamén coa colaboración do Concello de Sarria, busca situar Sarria no circuíto de grandes probas populares de Galiza, cunha distancia mítica para o atletismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A carreira Sarria 10 km celebrarase o vindeiro 9 de febreiro e este luns, 23 de decembro, ábrese o período de inscricións para participar. Desde a organización aseguran que queren dar un salto de calidade nos servizos ofertados para mellorar a experiencia dos deportistas, “cun percorrido practicamente chairo, urbano, con boa temperatura e sen apenas dificultades, que ofrece todo o que un atleta popular require na procura da tan ansiada mellor marca persoal”.

A proba ofrece varias modalidades de participación: 10km e 5km (16 anos en diante), 2500m para as categorías SUB16, SUB14, e 1500m para as categorías SUB12 e SUB10. Ademais, celebraranse dúas actividades non competitivas, unha andaina de 5km para todas as idades e unha carreira de pitufos de 200m para os máis pequenos.

A proba que busca situar Sarria no calendario de grandes probas populares en Galicia conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación. Efrén Castro explicou que “co apoio a esta proba ampliamos o mapa do deporte popular na provincia, un aliciente para a práctica de actividade física en persoas de todas as idades e tamén unha oportunidade para a dinamización económica”.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...