HomeDeportesMáis de 200 inscritos na “I Carreira San Silvestre no Corazón de...

Máis de 200 inscritos na “I Carreira San Silvestre no Corazón de Galicia”

Este sábado pola tarde celebrouse en Chantada a primeira edición desta carreira solidaria que contou con máis de 200 persoas inscritas. Desde a concellaría de Deportes do Concello de Chantada destácase a alta participación e cantidade de persoas que correron disfrazadas, 55, “Na carreira popular tivemos este ano 130 adultos e hoxe houbo 170 adultos e nenos e nenas ata completar as 200 persoas”, explica Belén Vázquez Caseiro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proba desenvolveuse no casco urbano con distancias de 5km para adultos e 1km para menores de 12 anos. Esta cita deportiva e solidaria rematou cunha chocolatada e entrega de trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as masculino e feminino na competición xeral. Para os mellores disfraces establecíanse premios económicos a nivel individual ou por equipos (mínimo 5 integrantes):

Premios mellor disfrace individual / Concello de Chantada

MELLOR DISFRACE INDIVIDUAL:

  • 1º: Raquel Rodríguez, 60€
  • 2º: Marcos Sánchez, 50€
  • 3º: Rocío e Laura, 30€

Premios mellor disfrace equipo / Concello de Chantada

MELLOR DISFRACE EQUIPO:

  • 1º: “Reno ladrador, poco mordedor”, 200€
  • 2º: “Burrito sabanero”, 120€
  • 3º: “Desguace Papá Noel, 40€

Premios categoría masculina / Concello de Chantada

CATEGORÍA MASCULINA:

  • 1º: Antonio Teijido
  • 2º: Xosé Pérez
  • 3º: Ánder Castro

Premios cetegoría feminina / Concello de Chantada

CATEGORÍA FEMININA:

  • 1º: Tamara García
  • 2º: Belén García
  • 3º: Ana Belén González

Todos/as os/as participantes na carreira de 1000m recibiron medalla

ÚLTIMAS

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...

As compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

Esta fin de semana o Concello de Pantón celebra o I Mercado de Nadal...

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...

Conta atrás para o ‘Quiroga Trail Challenge’, proba que está preto das 1000 inscricións

O Quiroga Trail Challenge (QTC), unha das probas de montaña máis emblemáticas da península...