HomeDeportesO 27 de abril celebrarase a XV Carreira Popular de Monforte de...

O 27 de abril celebrarase a XV Carreira Popular de Monforte de Lemos

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano, e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como  percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte celebrará a Carreira Popular do ano 2025, o domingo, 27 de abril. Trátase da edición número 15 deste xa tradicional carreira, que encherá de corredores e corredoras as rúas mais céntricas da cidade.

“Nos vindeiros días, dende o Concello iremos informando convenientemente sobre aspectos relevantes do evento como o inicio das inscricións, o regulamento da proba, protocolos específicos, entre outros aspectos” indicou o alcalde.

Dende o ano 2022 o Concello de Monforte conta coa páxina web www.monforte10k.com deseñada especificamente para promocionar e informar sobre a Carreira Popular monfortina, que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.).

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...