HomeDeportesInaugúrase en Monforte un novo ximnasio, o Crossfit Rock Life

Inaugúrase en Monforte un novo ximnasio, o Crossfit Rock Life

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acudiu a última hora da tarde deste venres á inauguración dun novo ximnasio en Monforte, Crossfit Rock Life, situado na Estrada de Ourense, nº 200 de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tomé Roca estivo acompañado polos concelleiros de Deportes, José Manuel Mougán e de Obras e Servizos, José Luis Losada, a concelleira de Muller e Iguldade, Margarita López, así como polo xerente desta nova empresa monfortina, Borja Díaz Fernández, e o seu equipo.

Dende o Concello, procedeuse á tramitación, o antes posible, dos permisos necesarios para que puidera abrir as súas portas esta nova iniciativa empresarial en Monforte, que contribúe ó densenvolvemento social e económico da cidade.

O alcalde puxo en valor a apertura deste novo negocio na cidade, un novo concepto de ximnasio, baseado no CrossFit, que é un estilo de vida que se caracteriza por un exercicio seguro e eficaz e unha nutrición sólida. CrossFit pódese utilizar para lograr calquera obxectivo, desde mellorar a saúde ata a perda de peso e un mellor rendemento. O programa funciona para todos: persoas que comezan e persoas que se capacitaron durante anos.

José Tomé desexou éxito ó xerente e ó equipo do Crossfit Rock Life neste novo proxecto a empresarial que emprenden en Monforte.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...