HomeDeportesÁlvaro Gómez, promesa do bádminton e con orixes en Sober, bronce nunha...

Álvaro Gómez, promesa do bádminton e con orixes en Sober, bronce nunha competición internacional

Acadou medalla de bronce na categoría de dobres masculino, xunto ao nevense Xoan Balboa, na Spanish Open Ou15 que tivo lugar a pasada fin de semana en Benalmádena. A este éxito deportivo sumouse a boa nova da súa convocatoria pola Federación Española de Bádminton para formar parte da Selección Nacional Sub 13.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Álvaro Gómez, xogador de bádminton vigués de orixe soberina –na parroquia de Lobios–, acadou esta pasada fin de semana a súa segunda medalla a nivel internacional despois da conseguida o pasado mes de agosto no prestixioso torneo “VICTOR International Jeunes Nouvelle-Aquitaine 2024”.

Ten once anos e apunta a figura deste deporte pola súa progresión e clasificacións que vai acadando en competicións de prestixio. Nesta ocasión, a fin de semana do 2 e 3 de febreiro participaba no Spanish Open Ou15 na localidade malagueña de Benalmádena. Segundo revelan fontes do club Escola Rosalía, Álvaro Gómez acudía a este campionato “co obxectivo de adquirir experiencia pero foi moito máis alá”. E engaden, “malia arrastrar problemas no seu nocello dereito realizou unha gran competición nas tres modalidades e rematou acadando a medalla de bronce na de dobres masculino xunto ao nevense Xoan Balboa”.

Na competición participaban deportistas de gran nivel que defendían nacións como Portugal, Romanía, Xapón, Escocia, Suíza, Ucraína e España.

Álvaro Gómez. Foto: Club Escola Rosalía.

Ademais deste bo resultado, Álvaro recibiu unha boa noticia ao coñecer que foi convocado pola Federación Española de Bádminton para a Selección Nacional Sub 13 que se concentrará en Madrid do 27 de febreiro ao 2 de marzo baixo a supervisión dos técnicos Lennart Engler (experto danés en formación de base), Salvador Franco (Responsable de Seguimento Territorial de FESBA) e Arturo Ruiz López (Director Deportivo de FESBA).

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...