HomeDeportesO Quixós volve de Portugal con 7 medallas individuais e un 3º...

O Quixós volve de Portugal con 7 medallas individuais e un 3º posto por equipos

O equipo monfortino de piragüismo desprazouse esta pasada fin de semana ata Covas, en Vila Nova de Cerveira (Portugal), para disputar a 2ª competición da Copa Ibérica de Slalom.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A fin de semana do 8 e 9 de febreiro tivo lugar na freguesía de Covas, no municipio portugués de Vila Nova de Cerveira, a 2ª competición da proba coñecida como Taça Ibérica de Slalom (Copa Ibérica de Slalom) no río Coura.

Ata alí desprazouse unha expedición do Club Quixós que fixo unha moi boa competición chegando ao domingo con bastantes deportistas clasificados para a final. Na xornada dominical decidíase todo e o club monfortino acadou subir ao podio 7 piragüistas o que lle reportou tamén o terceiro posto por equipos.

Trofeo por equipos. Santi Díaz, representando ao Quixós, no 3º posto. Foto: XMF

O primeiro posto foi para o Club Tea de Mondariz Balneario, o Aventura Marao Clube foi segundo e o Club Quixos quedou terceiro.

MEDALLEIRO INDIVIDUAL

As mulleres volveron tirar do carro das medallas, como na 1ª competición da Copa Ibérica da pasada fin de semana en Mondariz-Balneario. Sara Inés Varela acadou 2 ouros, en K-1 e C-1 cadete, e Nerea Gutiérrez volveu para Monforte cunha prata, en K-1 junior, e un bronce en C-1 junior.

Nerea Gutiérrez no podio. Foto: XMF

As outras 3 medallas foron para Diego Expósito, bronce en K-1 junior; Santi Díaz, prata en K-1 veterán, e Pablo Atrio, bronce tamén en K-1 veterán.

Diego Expósito no 3º posto. Foto: XMF
Podio de veteráns K-1. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...