HomeDeportesO Quixós volve de Portugal con 7 medallas individuais e un 3º...

O Quixós volve de Portugal con 7 medallas individuais e un 3º posto por equipos

O equipo monfortino de piragüismo desprazouse esta pasada fin de semana ata Covas, en Vila Nova de Cerveira (Portugal), para disputar a 2ª competición da Copa Ibérica de Slalom.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A fin de semana do 8 e 9 de febreiro tivo lugar na freguesía de Covas, no municipio portugués de Vila Nova de Cerveira, a 2ª competición da proba coñecida como Taça Ibérica de Slalom (Copa Ibérica de Slalom) no río Coura.

Ata alí desprazouse unha expedición do Club Quixós que fixo unha moi boa competición chegando ao domingo con bastantes deportistas clasificados para a final. Na xornada dominical decidíase todo e o club monfortino acadou subir ao podio 7 piragüistas o que lle reportou tamén o terceiro posto por equipos.

Trofeo por equipos. Santi Díaz, representando ao Quixós, no 3º posto. Foto: XMF

O primeiro posto foi para o Club Tea de Mondariz Balneario, o Aventura Marao Clube foi segundo e o Club Quixos quedou terceiro.

MEDALLEIRO INDIVIDUAL

As mulleres volveron tirar do carro das medallas, como na 1ª competición da Copa Ibérica da pasada fin de semana en Mondariz-Balneario. Sara Inés Varela acadou 2 ouros, en K-1 e C-1 cadete, e Nerea Gutiérrez volveu para Monforte cunha prata, en K-1 junior, e un bronce en C-1 junior.

Nerea Gutiérrez no podio. Foto: XMF

As outras 3 medallas foron para Diego Expósito, bronce en K-1 junior; Santi Díaz, prata en K-1 veterán, e Pablo Atrio, bronce tamén en K-1 veterán.

Diego Expósito no 3º posto. Foto: XMF
Podio de veteráns K-1. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

O GDR Ribeira Sacra Courel impulsa un proxecto de campus rural para reforzar a promoción do territorio

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel vén de iniciar o proxecto "Territorio...

O BNG reclama ao Goberno investigar os apagamentos de Chantada e garantir que se produzan novos cortes

En menos dunha semana, Chantada sufriu dous apagamentos que deixaron sen electricidade durante varias...

310.000€ para Láncara e Quiroga en convenios coa Deputación

No concello de Láncara financiarase a mellora de camiños municipais nas parroquias de Pedreira,...

O PP defenderá no vindeiro pleno da Deputación que se rescinda o convenio para financiar a Ponte do Malecón

Dende o Grupo Provincial Popular esíxese a anulación inmediata deste acordo "debido ao enorme...