HomeDeportesTaekwondo Neka, sinónimo de éxitos deportivos para Monforte

Taekwondo Neka, sinónimo de éxitos deportivos para Monforte

O Alcalde, José Tomé, recibiu na Casa do Concello a varias/os deportistas do club monfortino tras os éxitos acadados en diferentes campionatos celebrados recentemente.

Publicado o

- Advertisement -

O Club Taekwondo Neka abandeira o deporte monfortino polo mundo adiante e demostra ano tras ano que os resultados avalan o seu traballo. Por todo isto, Tomé Roca quixo agradecer o labor de clube ao seu Presidente José María Vega e recibir como se merecen aos deportistas que acadaron importantes resultados en competicións de taekwondo a nivel nacional, europeo e mundial.

Os mozos/as homenaxeados foron:

Laura Álvarez Suárez e Daniel Arean Grejs en recoñecemento pola participación e os resultados conseguidos no Campionato de España de Taekwondo por Clubes, en categoría cadete, na modalidade de técnica parellas, celebrado en Marina d´Or entre o 8 e o 9 de decembro. Conseguiron a medalla de ouro na clasificación final do campionato.

Junior Martínez Castillo en recoñecemento pola participación e os resultados conseguidos no Campionato de Europa de Taekwondo por Clubes, en categoría absoluta, modalidade de combate, celebrado en Marina d´Or entre o 5 e o 7 de decembro. Conseguiu a medalla de bronce na clasificación final do campionato.

Alejandro Losada Rodríguez e Elena Varela de Fátima en recoñecemento pola participación e os resultados conseguidos no Campionato do Mundo de Taekwondo na modalidade de técnica parellas, en categoría absoluta, celebrado en Taipéi entre o 15 e o 18 de novembro. Conseguiron a décimo segunda praza na clasificación final do mundial.

Nesta recepción, no Salón de Plenos do concello, o Alcalde entregoulles a cada un dos homenaxeados/as unha reprodución en miniatura da Torre da Homenaxe. Ademais de recoñecer os resultados deportivos froito do seu traballo e constancia, animounos a seguir adestrando para acadar novos éxitos e no futuro poder estar nalgunha olimpíada; feito este que sería un gran acontecemento para eles, para o Clube, para o concello e para os monfortinos/as.

ÚLTIMAS

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...