HomeDeportesEspectacular comezo do Campionato de España de Enduro esta fin de semana...

Espectacular comezo do Campionato de España de Enduro esta fin de semana en Pantón

O Concello de Pantón acollía na fin de semana do 15 e 16 de marzo a primeira proba do nacional de enduro do Campionato de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O MotoClub A Peroxa coa colaboración do Concello de Pantón, Xunta de Galicia e outras entidades organizaba unha cita que levou polos circuítos Monte de Eiré, Ferreiroá e Monte Baliño aos máis de 150 motoristas inscritos.

A climatoloxía acompañou nunha fin de semana gloriosa permitindo a pilotos e aos centos de afeccionados gozar ao máximo dos tres especiais naturais e case 2 horas cronometradas. O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destaca o éxito da cita, “As propostas de Enduro que levamos varios anos celebrando no municipio atraen a numerosos visitantes a Pantón. Os espazos naturais que ofrecemos e as paisaxes fan as delicias de motoristas e público. As probas son accesibles e próximas o que permite desfrutar de todo o espectáculo das dúas rodas nunha contorna natural inigualable”.

A próxima proba do campionato será en Gironella, Barcelona, o 24 de abril. Alí chegará como líder o piloto francés, Antoine Magain, que se mostrou intratable na proba celebrada en Pantón. Acompañárono no podio Sergio Navarro (E2) e Jaume Betriu (E3).

Botouse en falta a presenza de Josep García, vixente campión, recuperándose dunha inesperada lesión. Albin Elowson e Alejandro Navarro repartíronse a cuarta posición o sábado e o domingo. En Enduro1, Álex Puey asinaba o seu primeiro dobrete de categoría e Rosie Rowett vencía en mulleres por diante de María San Miguel e Mireia Rabionet. A organización destaca a actuación da corredora de Samos, Elena López, que rematou unha proba sen penalizacións para seguir puntuando no Campionato.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...