HomeDeportes'A carreira dos picariños do Xeoparque' celebrarase na Praia Fluvial de Ribas...

‘A carreira dos picariños do Xeoparque’ celebrarase na Praia Fluvial de Ribas de Sil

Participará alumnado de Infantil e Primaria da Comarca de Quiroga, contará con varias distancias adaptadas ás diferentes idades dos participantes, e será o 3 de abril ás 11:30 h. da mañá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Quiroga Trail Challenge (QTC), referente deste tipo de probas deportivas a nivel de Galicia e xa a nivel nacional, tamén se achega aos máis pequenos da comarca. Por segundo ano consecutivo organizan unha carreira para todos os nenos e nenas dos centros educativos do Xeoparque Montañas do Courel co obxectivo de fomentar o deporte e familiarizalos con este evento que dinamiza e pon en valor o territorio. En palabras dos organizadores da proba, “queremos promover este deporte nos máis pequenos e, ao mesmo tempo, que comecen a sentir o espíritu QTC como algo seu, da súa terra”.

Participarán alumnos e alumnas de educación infantil e educación primaria, procedentes dos centros dos tres concellos da Comarca e do Xeoparque Montañas do Courel: o CEIP de Quiroga, o CEIP de San Clodio e o CPI Poeta Uxío Novoneyra.

A carreira contará con varias distancias, adaptadas ás diferentes idades dos participantes, e terá lugar na Praia fluvial de San Clodio o día 3 de abril, ás 11:30 h. da mañá.

Finalmente, dende a organización queren agradecer a absoluta implicación dos tres concellos participantes: Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel; así coma a colaboración do Xeoparque Mundial da Unesco.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...