HomeDeportesO campo de fútbol da Pinguela estreou parasois no partido deste domingo

O campo de fútbol da Pinguela estreou parasois no partido deste domingo

Os espectadores do partido deste domingo no campo de fútbol da Pinguela en Monforte entre o Club Lemos e o Santirso S.D. estrearon os novos parasois da instalación deportiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais. Dada a orientación suroeste desta bancada, fai uns 20 anos colocáronse uns toldos automáticos no extremo da cuberta, para protexer do sol e da chuvia ós espectadores, xa que nas horas en que se adoitan disputar os partidos, o sol está moi baixo e molesta directamente de fronte ós afeccionados situados da bancada.

Os toldos atopábanse moi deteriorados e obsoletos e cambiáronse por 17 toldos de 5,60 x 4,50 metros cos seus correspondentes motores para estendelos ou recollelos, “o público que asista ás competicións deportivas que se desenvolvan no Campo da Pinguela, xa non se verá afectado polo sol ou a chuvia”, sinalou o alcalde de Monforte, José Tomé, “esta é unha nova acción de mellora neste campo municipal de fútbol da Pinguela, tras levar a cabo nos últimos anos a renovación do céspede do terreo de xogo, a instalación dunha nova iluminación exterior do campo e das pistas de atletismo, ou dun novo videomarcador led”.

O concello de Monforte leva investido coas diferentes obras desenvoltas polo executivo de Tomé nestas instalacións 310.000€.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...