HomeDeportesClub Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O club monfortino de piragüismo competía esta pasada fin de semana nas augas do río Sil, ao seu paso polo Barco de Valdeorras, quedando campións galegos, campións da Copa de España e terceiros no Campionato de España de patrullas

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin de semana no Barco de Valdeorras. Concretamente, o sábado 5 de abril na modalidade de Sprint –individual e patrullas– da 2ª Copa de España de Augas Bravas; e o domingo 6 de abril na modalidade de Clásica. Así mesmo, eses dous días competían no Campionato Galego nas modalidades devanditas.

O balance final na clasificación por equipos foi espectacular para o club monfortino pois remataron como campións galegos, campións da Copa de España e terceiros no Campionato de España de patrullas. Acadaron 1571 puntos, quedando por enriba do equipo anfitrión, o Club  Fluvial O Barco, con 1169, e xa como terceiro o Sicoris Club, de Lleida, con 1154.

Podio por equipos na modalidade de Clásica na 2ª Copa de España de Augas Bravas. Foto: Federación Galega de Piragüismo.

No que respecta ao medalleiro individual, todas e todos os participantes do Quixós trouxeron metais para a casa. Na páxina de Facebook do club detallan as medallas acadadas piragüista por piragüista.

Foto de equipo tras a 1ª xornada de competición no Barco de Valdeorras. Foto. Club Quixós.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...