HomeDeportesNa última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Este xoves presentouse a cita que organizan a Escudería Taboada e o Concello de Taboada, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Secretaría Xeral para o Deporte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse no 2023 co trazado das anteriores edicións na LU-611 con saída do cruce das Seixas e chegada a Taboada. A cita cita será a primeira puntuable para o Campionato Galego de Montaña.

O prazo de inscricións para a proba está aberto ata o día 23 de abril. A inscrición dos pilotos da Escudería Taboada, que celebra 30 anos, será financiada polo Concello de Taboada. As competicións desenvolveranse os dous días e na clausura entregaranse os premios e trofeos aos primeiros clasificados.

No acto acto de presentación deste xoves que se desenvolveu na Praza de Riazón, acompañou ás autoridades presentes a cativada do colexio e da escola infantil do concello. O concelleiro de Deportes, Cultura e Medio Rural do Concello de Taboada, Manuel Diéguez, explicou que “a Subida xa se converteu nunha cita ineludibel no noso calendario deportivo e, sen dúbida, pon Taboada no mapa do deporte galego” e comentou tamén, referíndose á Escudería, “estou seguro de que esta nova organización fará un traballo excepcional”.

Estiveron presentes tamén no acto Manuel Otero, xefe da Secretaría Xeral para o Deporte en Lugo e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, que lembrou que “no 2023 contribuíron á súa recuperación –despois de 17 anos de parón–  e que manteñen o compromiso económico co rally” e eloxiou o traballo realizado desde a Escudería Taboada e desde a área de Deportes do Concello de Taboada para recuperar esta Subida.

Presentación Subida a Taboada 2025 / Vicepresidencia da Deputación

ÚLTIMAS

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...