HomeDeportesInscricións abertas para o Quiroga Bike Marathon que se celebra en setembro

Inscricións abertas para o Quiroga Bike Marathon que se celebra en setembro

Quiroga acollerá o 6 de setembro unha proba de BTT de longa distancia, a QUIROGA BIKE MARATHON, organizada pola área de Deportes do Concello de Quiroga contando co patrocinio de Oroso Club Ciclista e Vitaldin Sport.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O recorrido do Quiroga Bike Marathon levará aos  ciclistas a unha espectacular paisaxe pasando por  puntos como  As Eiras, as Terras Negras, Reboledo, o Rego das Forcadiñas ou o Alto do Boi.

A proba para a que están abertas as inscricións consta de dúas distancias:

– Bike Marathon: de 45km e 1400 metros de desnivel positivo

Bike Extreme: de 67km. con 2400 metros de desnivel positivo

Na proba, que non será federada, pódese participar de forma individual ou en parella. Na modalidade de parella hai varias categorías: Masculina, cando a suma das idades dos compoñentes do equipo sexa inferior ou igual aos 80 anos; Veteranos, cando esa suma supere os 80 anos; Feminina, cando as súas compoñentes sexan mulleres; ou Mixta, cando os compoñentes do mesmo equipo sexan de distinto sexo.

As inscricións estarán abertas na web do evento quirogabikemarathon.com ata o 2 de setembro, pero con diferentes prezos: ata o 31 de marzo, 27 €; entre o 1 de abril e o 31 de xullo, 30 € e do 1 de agosto ao 2 de setembro, 35€.

ÚLTIMAS

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...