HomeDeportesCase mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

Pasada a unha da tarde procedeuse a entregar os premios das diferentes categorías, e José Tomé puido felicitar a todos os premiados durante a entrega dos mesmos, na que tamén participaron o Concelleiro de Deportes e outros membros do Equipo de Goberno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos, ascendeu, a 986 inscricións nas diferentes categorías de competición. Tal e como subliñou o rexedor, José Tomé, “este número tan elevado de inscricións, que este ano volve a aumentar con respecto ó ano anterior, confirma de novo que este é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello”.

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contou cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorreu polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

O Alcalde de Monforte dando a saída na Carreira absoluta. Foto: XdL.

Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contaron cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.

PremiADOs

Absoluta masculino

  • JORGE PUIG MALVAR
  • CARLOS LÓPEZ MORAL
  • IKER FERNÁNDEZ CODESIDO

 Absoluta Feminina

  • NATI GARCIA SANCHEZ
  • LUISA GONZALEZ SOMOZA
  • SANDRA RIVAS RODRÍGUEZ

Para consultar a lista completa de premiados das diferentes categorías así como a clasificación e tempos da carreira, o Concello dispón dunha páxina web na que se ofrece a información íntegra do evento coas diferentes categorías así como información completa do desenvolvemento da proba: https://monforte10k.com/es/web/resultado/competicion-14672

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...