HomeDeportesO Quixós volve de Portugal como subcampión galego en 'Promesas Slalom'

O Quixós volve de Portugal como subcampión galego en ‘Promesas Slalom’

Acadaron un total de 6 medallas individuais e dous piragüistas, Sara e Xoel, remataron como campións galegos en K-1 cadete e C-1 infantil respectivamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un novo éxito para o Club de piragüismo Quixós de Monforte, nesta ocasión no Campionato Galego de Promesas na modalidade de Slalom onde alcanzaron o segundo lugar por equipos e 6 medallas individuais.

A proba tivo lugar este domingo no curso do río Coura, en Covas, unha freguesía no norte de Portugal, fermosa paraxe e punto de encontro habitual para campionatos deste nivel que organiza a Federación Galega de Piragüismo.

O club monfortino chegou con tan só 4 deportistas pero non foi impedimento para sumar os puntos necesarios que o fixeron subir ao segundo posto da clasificación por equipos, acadando deste xeito o subcampionato galego. Ademais, Sara e Xoel remataron a competición como campións galegos, en K-1 cadete e C-1 infantil respectivamente.

MEDALLEIRO

Sara, ouro en K-1 cadete e prata en C-1 cadete; Martín, prata en K-1 cadete e bronce en C-1 cadete; e Xoel, ouro en C-1 infantil e prata en K-1 infantil.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...