Homesociedade400 afeccionados no Sarria Bikers que se celebra do 9 ao 11...

400 afeccionados no Sarria Bikers que se celebra do 9 ao 11 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers na súa terceira edición, que reunirá uns 400 participantes a fin de semana do 9 ao 11 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou esta semana na presentación do programa, que inclúe rutas, xogos moteiros e concertos durante os tres días.

Entre as actividades propostas figura unha exhibición a cargo de Acuko Stunt Rider o sábado ás 18.30 horas no Campo da Ribela; seguida dunha ruta de fachos e bandeiras en memoria dos moteiros caídos a partir das 20,00 horas.

Arias felicitou aos promotores por sumar cada ano máis afeccionados que visitan Sarria atraídos por esta iniciativa, que “dinamiza a economía local e brinda unha nova oportunidade de promoción da zona”.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...