HomeDeportes6 medallas e segundo por equipos para o Quixós en Dumbria

6 medallas e segundo por equipos para o Quixós en Dumbria

Foi este domingo 4 de maio na Copa Galega de Novas Promesas Slalom.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club de Piragüismo Quixós de Monforte competiu este pasado domingo, día 4 e maio, en terras de Dumbría, concretamente no río Xallas.

Ata alí chegaba con 5 deportistas, 4 homes e unha muller, disputando a Copa Galega de Novas Promesas Slalom. Tras as dúas mangas realizadas o Quixós acadou a segunda praza por equipos, detrás do Club Tea de Mondariz, e por enriba do Club Penedo Teimporta de Tui. Un trofeo que avala o bo comportamento das promesas monfortinas que trouxeron para Monforte seis metais.

Podium por equipos. Foto: XMF

As medallas foron por partida dobre para Sara, Martín e Xoel. Sara competía como cadete acadando 2 ouros en C-1 e K-1; Martín, tamén como cadete, gañou dúas pratas en C-1 e K-1 respectivamente. E finalmente, Xoel, outras dúas pratas na categoría infantil nas modalidades de C-1 e K-1.

Sara, do Quixós, medalla de ouro. Foto: XMF.
Martín, do Quixós, medalla de prata. Foto: XMF.
Xoel, do Quixós, medalla de prata. Foto: XMF.
CONVOCATORIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO

Dous piragüistas do Quixós foron convocados pola Federación Galega de Piragüismo esta pasada semana para unha concentración deportiva a nivel de Galicia en Dumbría do 1 ao 4 de maio, día este último no que se celebrou a competición devandita.

Os deportistas do club monfortino aos que se convidou para facer seguimento deportivo foron Lucas e Xoel.

Unha parte do percorrido da competición de Slalom. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...