HomeDeportes12.000€ en axudas para os clubs deportivos monfortinos que participen en campionatos...

12.000€ en axudas para os clubs deportivos monfortinos que participen en campionatos de España, de Europa e mundiais

Trátase dunha liña de axudas que se concederá polo procedemento de concorrencia non competitiva ós clubs que cumpran co requisito de ter participado no Campionato de España, de Europa ou do mundo, sen necesidade de que as solicitudes se comparen entre elas, no período comprendido entre o 14 de outubro de 2024 e o 13 de outubro de 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este procedemento permite que ós clubs se lles conceda unha cantidade fixa en función dos campionatos nos que participe, e que o procedemento estea aberto durante case todo o ano e están dirixidas a sufragar gastos que se ocasionan pola participación nas competicións mencioadas.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto e finalizará o 13 de outubro de 2025.

As contías establecidas son as seguintes:

-Modalidades deportivas de equipo (fútbol, voleibol, baloncesto, etc.):

  • Participación nun campionato de España: 1.000€.
  • Participación nun campionato de Europa organizado en España: 1.000€.
  • Participación nun campionato de Europa organizado fora de España: 1.500€.
  • Participación nun campionato do mundo organizado en España: 1.000€.
  • Participación nun campionato do mundo organizado fora de España            : 2.000€.

-Modalidades deportivas individuais (natación, piragüismo, etc.):

  • Participación nun campionato de España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
  • Participación nun campionato de Europa organizado en España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
  • Participación nun campionato de Europa organizado fora de España: 300€ por deportista ata un máximo de 1.500€.
  • Participación nun campionato do mundo organizado en España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
  • Participación nun campionato do mundo organizado fora de España            : 400€ por deportista ata un máximo de 2.000€.

Os interesados poderán presentar ata tres solicitudes de subvención, sempre e cando sexan pola participación en campionatos de diferente ámbito xeográfico ou territorial (España, Europa, mundial). No caso de que un club participe en varios campionatos do mesmo ámbito xeográfico ou territorial, poderá presentar unha única solicitude.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as asociacións e clubs deportivos legalmente constituídos, que estean inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións Deportivas, que teñan a seu domicilio social no Concello de Monforte de Lemos e que cumpran, ademais dos sinalados no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, os seguintes requisitos:

  1. Carecer de ánimo de lucro.
  2. Non ser debedor co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  3. Non ser debedor coa facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  4. Non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvención públicas.
  5. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
  6. Ter participado ou participar, entre o 14 de outubro de 2024 e o 13 de outubro de 2025, ben polo club ou por deportistas integrantes do club que participen coas correspondentes seleccións de ámbito galego ou nacional, nalgún campionato de España, de Europa ou do mundo propio da modalidade deportiva.

O Alcalde conclúe destacando a importancia destas novas axudas “nunha cidade na que contamos cunha excepcional canteira de deportistas que destacan en moitas disciplinas e que sitúan a Monforte nun lugar elevado dentro da elite deportiva galega, nacional e internacional”

ÚLTIMAS

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presenta un programa de asesoramento especializado para os 10 proxectos finalistas

O programa presentábase este mércores no Parador de Turismo de Monforte por parte da...

Sarria acolle o 18 de maio o Festival Move os Marcos

Música, literatura, activismo e gastronomía conxúganse no programa deste encontro pensadoo para convocar público...

514 prazas para o ‘Programa Deportivo de Verán’ do Concello de Monforte

A edición do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte conta...

Presentación de tres poemarios no Día das Letras Galegas no Ateneo Casino de Monforte

Este sábado 17 de maio, o Ateneo Casino de Monforte de Lemos será o...