HomeDeportesA Copa de España de Descenso chega esta fin de semana ao...

A Copa de España de Descenso chega esta fin de semana ao Páramo coa disputa do BTT DH Molinos

Os mellores riders do circuíto participarán na proba, organizada pola DHG Team de Sarria, que, á espera do peche de inscricións, agarda uns 160 participantes, e que conta cun trazado espectacular polos montes do Páramo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns pola tarde presentouse o BTT DH Molinos, co aliciente engadido de formar parte por primeira vez do calendario de probas da Copa de España de BTT DH Descenso. O programa da proba comeza o sábado -31 de maio- cos adestramentos e dispútase o domingo -1 de xuño- a partir das 10.30 horas.

Ademais das categorías que competirán a nivel nacional, haberá unha categoría infantil de carácter autonómico para ofrecer aos máis pequenos a oportunidade de facer tamén esta proba.

Colaboran coa iniciativa a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, felicitou ao club DH Galicia polo traballo que realizan para organizar unha cita de primeiro nivel que forma parte do circuíto nacional. Arias apuntou que esta actividade vai en liña coas accións da Xunta en favor da promoción do deporte, o respecto polo medio natural e a dinamización do territorio. Sinalou ademais que supón unha oportunidade para poñer en valor a riqueza paisaxística da zona e o seu potencial para fomentar o turismo deportivo.

Pola súa banda Efrén Castro, desde a Vicepresidencia encadrou “o apoio á proba na colaboración co DHG Team, cunha traxectoria moi destacada na promoción desta modalidade na provincia, a través da organización de probas pero tamén da formación das rapazas e rapaces de Sarria e da comarca” e destacou “a importancia deste tipo de competicións para a proxección estatal do tecido deportivo da provincia e a participación das e dos deportistas lucenses e galegos”.

ÚLTIMAS

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...