HomeDeportesO Trail Heroica Sacra celébrase do 27 ao 29 de xuño

O Trail Heroica Sacra celébrase do 27 ao 29 de xuño

Trátase dun campionato oficial formado por varias probas e submodalidades, cuxo trazado discorre entre viñedos, ríos e montes dos municipios de Chantada, O Saviñao, Sober e Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira xornada estará adicada a escolares, que protagonizarán o Peque Heroico. O sábado 28 desenvolveranse tres carreiras individuais con distancias de 33, 23 e 12 quilómetros, respectivamente; e unha de remudas de 23 quilómetros. O programa do domingo 29 inclúe as probas Ultra Heroica Miño e Sil; o Campionato Xunta de Galicia Ultra Trailrunning 2025 e andainas.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou este mércores no Balneario de Augas Santas, en Pantón da presentación desta cita coa que colabora o Goberno galego. O Trail Heroica Sacra está organizado polo club Galaico Trail Run e a peña Saltasebes de Chantada.

Para Arias, o Trail Heroica Sacra “é un exemplo de como se pode conxugar deporte, turismo, natureza e cultura para dinamizar o territorio con respecto e visión de futuro”.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...