HomeDeportesAtlántigas, primeiro club ciclista feminino de Galicia, organiza unha ruta BTT no...

Atlántigas, primeiro club ciclista feminino de Galicia, organiza unha ruta BTT no Páramo en setembro

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión de traballo con representantes do club feminino de ciclismo Atlántigas, que traballa xa na organización da primeira Marcha BTT A Ribeira que se celebrará o 14 de setembro no concello do Páramo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xuntanza, na que estiveron a presidenta da entidade, Mar Arias, e a paramesa Alba María Rivera, tamén socia e impulsora do evento, serviu para coñecer os detalles desta proba deportiva e para avaliar posibles vías de colaboración.

A marcha de cicloturismo será mixta e non competitiva, aberta a todas as persoas interesadas, con saída e meta en San Mamede da Ribeira. Ofertan un total de 150 prazas e xa está aberto o prazo de inscrición. A proba inclúe tres opcións de percorrido: unha alternativa de 37 quilómetros de lonxitude con dificultade técnica baixa, unha longa de 50 quilómetros de dificultade media, e un circuíto Mini BTT para os nenos e nenas.

Atlántigas CD defínese como o primeiro club ciclista feminino de Galicia, fundado e dirixido por mulleres desde o ano 2019. Conta con grupos locais nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra, e o seu obxectivo é fomentar a práctica deste deporte, especialmente entre as mulleres.

ÚLTIMAS

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...