HomeDeportes170 participantes no Campus de Baloncesto no Camiño que se celebrou en...

170 participantes no Campus de Baloncesto no Camiño que se celebrou en Sarria

A X edición do Campus de Baloncesto no Camiño', que organiza CB Sarria e que este ano acada a súa décimo sétima edición reúne a 170 rapaces e rapazas de entre 8 e 17 anos, dos que 120 participan en réxime interno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante unha semana -desde o pasado 12 de xullo ata este sábado, día 19-, os participantes tiveron oportunidade de perfeccionar o seu xogo da man de profesionais do baloncesto e de vivir unha experiencia única de formación, lecer e convivencia.

Ademais dos adestramentos, o programa incluía competicións, xogos ao aire libre e actividades deportivas e culturais vencelladas ao Camiño de Santiago. Tamén incorporaba sesións bilingües e dinámicas en grupo que lles permite aos menores practicar e mellorar o seu nivel de inglés dun xeito lúdico. O campus estivo dirixido un ano máis por Miguel Ángel Hoyo, director deportivo do CB Sarria e, desde comezos deste ano, seleccionador absoluto de Costa de Marfil.

Na visita que fixo o delegado territorial, Javier Arias, puxo en valor o traballo do CB Sarria a prol do deporte base e destacou iniciativas coma esta, “que ofrecen unha alternativa de ocio saudable durante o verán, fomentan a práctica deportiva e contribúe a formar aos xogadores do futuro, tanto na técnica do baloncesto como nos valores inherentes a este deporte, que require esforzo, compromiso e traballo en equipo”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...