HomeDeportesMads Pedersen gana a 15 etapa de La Vuelta con meta en...

Mads Pedersen gana a 15 etapa de La Vuelta con meta en Monforte

Este domingo La Vuelta tiña a meta da 15 etapa nunha concorrida Praza da Compañía, onde o acalde, José Tomé, entregou o premio a Mads Pedersen, o ciclista que se proclamou gañador. O rexedor asistiu tamén ao inicio da carreira na localidade asturiana de Vegadeo e seguiu en directo todo o percorrido, acompañado polo Director Xeral desta competición ciclista, Javier Guillén.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A chegada da proba ciclista á cidade monfortina foi presenciada por numerosos veciños e veciñas do concello e da súa contorna, que se achegaron tanto as rúas polas que discorreu a carreira, como á zona de meta: rúa Morín, rúa Doutor Casares, Ronda María Emilia Casas Baamonde, rúa Chantada, Avenida de Galicia, rúa Celso Emilio Ferreiro e rúa Escultor Francisco Moure.

José Tomé destacou o “alto impacto deportivo, mediático e internacional” deste evento deportivo: “La Vuelta é, sen ningún tipo de dúbida, unha plataforma de proxección mundial, un evento que está na élite do ciclismo mundial, á altura do Giro de Italia ou o Tour de Francia”.

Neste senso, sinalou tamén que “trátase dunha proba que, entre organización, equipos e medios, mobiliza unhas 3.000 persoas. Polo que estamos a falar dun elevadísimo impacto económico directo que, segundo os informes técnicos, sitúase arredor do 1,9 millóns de euros para a nosa provincia. Ademais, non podemos esquecer que La Vuelta se retransmite en 190 países, cunha audiencia global de arredor de 400 millóns de persoas”.

La Vuelta 2025 / Concello de Monforte

O Concello de Monforte colabora cos gastos da chegada de La Vuelta á cidade, complementando o convenio que a Deputación de Lugo asinou coa entidade organizadora Unipublic para que Monforte puidera ser desta etapa cun perfil de media montaña e un percorrido de 167 quilómetros de lonxitude. Tras iniciarse en Vegadeo e pasar por municipios como San Martín de Oscos ou Santa Eulalia de Oscos, atravesou os concellos da Fonsagrada, Baleira, Castroverde, O Corgo, Láncara, Sarria, O Incio e Bóveda, para culminar en Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra.

En varios puntos desta etapa, incluída a cidade do Cabe, houbo protestas contra a participación do equipo de Israel nesta competición, “son unha ferramenta de lavado de cara do rexime de Israel”, aseguran os convocantes.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...