HomeDeportesI Ruta Cicloturista BTT A Ribeira no Páramo

I Ruta Cicloturista BTT A Ribeira no Páramo

Será este domingo e está organizada polo Atlántigas CD co apoio da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O club deportivo lucense Atlántigas organiza este domingo 14 de setembro a I Ruta Cicloturista BTT A Ribeira no Páramo. Na presentación estivo o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, quen amosoou a súa satisfacción pola “a extraordinaria resposta” que tivo a iniciativa, que obrigou a ampliar o número de prazas previsto inicialmente.

O vindeiro domingo está previsto que participen 190 persoas, das que 131 completarán a ruta de 50 quilómetros; 35 realizarán o percorrido reducido de 37 quilómetros, e hai tamén 24 nenos e nenas inscritos na Mini BTT. A cita non ten carácter competitivo, comezando e rematando no campo da festa de San Mamede da Ribeira, e nela percorreranse camiños rurais e forestais do Concello do Páramo.

Os e as participantes iniciarán o itinerario ás 9:30 horas, agás os inscritos na Mini BTT, que se reunirán ás 11:00 horas. Rematada a ruta celebrarase unha comida, e pola tarde haberá animación musical, inchables e actividades infantís.

ATLÁNTIGAS CD

Atlántigas CD autodefínese como o primeiro club ciclista feminino de Galicia, fundado no ano 2019, e conta con grupos locais nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Unha das súas socias, a paramesa Alba María Rivera, impulsa este evento para fomentar o ciclismo, especialmente entre as mulleres, e para dar a coñecer a riqueza paisaxística do municipio.

Javier Arias gabou o traballo do club “na súa aposta polo ciclismo e pola igualdade, que compartimos desde a Xunta”.

ÚLTIMAS

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...

‘Saborea e Canta o Outono’ na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...