HomeDeportesO Ucoga CB Chantada estréase na Copa Galicia cunha cómoda victoria

O Ucoga CB Chantada estréase na Copa Galicia cunha cómoda victoria

Gañou na cancha do Bosco Salesianos Ourense co resultado de 55-69.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ucoga CB Chantada, adestrado por Alberto Fafián, gañou o seu primeiro encontro oficial da tempada cunha victoria contra o Bosco Salesianos Ourense (55-69) apoiada pola gran defensa do equipo e a anotación do base Eddie Czerapowicz, autor de 23 puntos .

Aportando puntos tamén destacaron Gediminas Rumsa (11 puntos), Anxo Casais (10), William Burgos (8), o capitán Cristian Iglesias (5), Seikhou Konte (4), Éder Giovane (3), Jaime Nieto (3) e Mario Rodríguez (2). Todos os xogadores do cadro chantadés tiveron minutos de xogo.

Co triunfo en Ourense, o CB Chantada colócase líder do Grupo A da fase de grupos da Copa Galicia, por diante do Sigaltec de Vilagarcía, que tamén gañou o seu primeiro partido ante o Ulla Oil Rosalía, aínda que cunha diferenza de puntos menor.

O seguinte compromiso do Ucoga CB Chantada nesta competición levaraos precisamente a Vilagarcía, onde se medirán ao Sigaltec esta fin de semana para loitar polo liderado do grupo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...