HomeDeportesO Quixós non conseguiu o podio no 'Campionato Galego de Promoción Slalom'

O Quixós non conseguiu o podio no ‘Campionato Galego de Promoción Slalom’

O club monfortino quedou no 4º lugar tras acadar un total de 5 medallas individuais. Rematadas todas as probas da tempada o Club Quixós quedou 2º na Liga Galega.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Club Quixós participou este pasado domingo, 21 de setembro, no ‘Campionato Galego de Promoción Slalom’ que se celebrou nas augas do río Tea, concretamente na Praia do Val de Mondariz. No podio estiveron o Club de Dumbría, Os Teixugos de Tomiño e o Club Tea de Mondariz, levando respectivamente ouro, prata e bronce. O club monfortino quedou no 4º lugar tras acadar un total de 5 medallas individuais.

O Quixós chegaba á proba con sete piragüistas, 5 fixos na ‘promoción slalom’ deste ano: Lucas, Rodrigo, Manuel, Xoel e Breixo; e 2 deles que participaban por primeira vez en competición oficial: Sara e Juán.

Xoel Fernández facendo o percorrido do río Tea no ‘Campionato Galego de Promoción Slalom 2025’. Foto: XMF.

Os piragüistas que subiron ao podio foron: Xoel Fernández (ouro en C-1 e prata en K-1 infantil); Manuel (prata en K-1 e bronce en C-1 alevín); e Breixo Fernández (ouro en K-1 benxamín).

Rematadas todas as probas da tempada o Club Quixós quedou 2º na Liga Galega de Promoción Slalom.

ÚLTIMAS

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...