HomeDeportesAberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

A partida destinada a esta convocatoria é de 10.000 euros e o importe máximo da bolsa que se outorgará a cada un dos posibles beneficiarios é de 600 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación no BOP, que se fará en vindeiras datas.

Estas axudas económicas están dirixidas a aqueles deportistas individuais que, como mínimo, teñan participado no campionato de España, campionato de Europa ou campionato do mundo propio da modalidade deportiva durante o período obxecto da presente convocatoria. Concretamente, as persoas solicitantes poderán presentar, no marco desta convocatoria, os méritos deportivos conseguidos entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025.

Neka Monforte na Deputación / Vicepresidencia Deputación

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados de xeito individual. Así, non se considerarán participacións individuais os relevos nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

A partida destinada a esta convocatoria é de 10.000 euros e o importe máximo da bolsa que se outorgará a cada un dos posibles beneficiarios é de 600 euros.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E SOLICITUDES

Todos os requisitos para poder beneficiarse destas bolsas están detallados na páxina web do Concello de Monforte así como tamén o acceso ás instancias para facer as solicitudes unha vez que estean as bases publicadas no BOP.

ÚLTIMAS

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...