HomeDeportesO 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte...

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou este sábado a reforma integral da Piscina Municipal da Pinguela, que estrea unha nova imaxe trala profunda remodelación levada a cabo no último ano cun investimento de 2,3M de €. Acompañaron ao rexedor membros do equipo de Goberno, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez e a Presidenta do CN Monforte, Raquel Escudero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da Piscina Municipal da Pinguela, en Monforte de Lemos. Tras un ano de obras a renovación total das instalacións da Piscina Municipal fíxose en harmonía co Pavillón Polideportivo, reformado hai dous anos logo dunha inversión de 3.708.051,60 €. Ambas conforman agora unha peza única que comparte espazos e envolvente “creando un complexo deportivo único, eficiente e moderno e, sobre todo, óptimo na súa xestión”, en palabras do Alcalde José Tomé.

A xestión conxunta do Complexo Deportivo da Pinguela adxudicouse o pasado mes de setembro á empresa Ideas de Bolina S.L. por un importe de 1.383.821,95 euros, e unha duración de dous anos, prorrogables ata un máximo total de catro. O rexedor subliña que esta reforma integral “dota a Monforte dunha instalación moderna, única e na vangarda tecnolóxica, e supón o colofón dunha transformación completa no conxunto da Pinguela.

O alcalde agradeceu a colaboración do Consello Superior de Deportes e da Deputación de Lugo na mellora das infraestruturas deportivas de Monforte. Concretamente dixo que “entre as axudas do Consello Superior de Deportes e da Deputación e os investimentos aportados polo Concello nos últimos anos, superamos os 8 millóns de euros en melloras de instalacións deportivas en Monforte”. Na súa intervención, na propia piscina, lembrou –en relación ao importe devandito de axudas– as reformas dos Campos de Fútbol Luis Bodegas e Calasancio, a renovación do terreo de xogo e da iluminación do Campo Municipal de Fútbol de A Pinguela, a renovación da pista polideportiva do Parque da Compañía, a mellora da eficiencia enerxética do campo Luis Bodegas e a instalación de diversos videomarcadores deportivos de última xeración. Investimentos todos eles pensados en potenciar o deporte monfortino.

Ademais do alcalde, tamén interviron na presentación das instalacións, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez e a Presidenta do CN Monforte, Raquel Escudero.

Intervención de Olimpia López na inauguración da Piscina Municipal de Monforte (2025). Foto: XdL.

Reforma integral

A reforma integral da Piscina Municipal foi executada pola empresa Construcciones Castro en base a un proxecto que cambia totalmente a fisionomía do edificio, fusionado agora co Pavillón Polideportivo e conectados ambos a través dunha ampla recepción. A reestruturación total dos espazos mellora e optimiza as circulacións dos usuarios e fai do Complexo Deportivo un espazo moito máis funcional, xa que a recepción dá acceso a calquera dos espazos do centro deportivo: cafetería, piscina, vestiarios e gradas (tanto da piscina como do pavillón), ximnasio xeral, ximnasio de clubes e pista polideportiva.

Piscina actual tras as obras. Foto: XdL.

Ademais, esta reordenación permitiu aumentar a superficie destinada ao ximnasio pasando de 235 m2 a 300 m2; a das gradas, que pasa de 70 a 81 m2, e a da nova cafetería, que ocupa agora 111 m2 e dará servizo a todo o Complexo Deportivo.

A entrada á Piscina sitúase agora na esquina onde conflúe co Pavillón Polideportivo, para crear unha zona de acceso común. Este cambio mellora notablemente a funcionalidade da instalación ao posibilitar un control de acceso previo para ambas infraestruturas.

Os vestiarios, completamente renovados, simplifican os percorridos e separan as zonas de “pés secos” e “pés húmidos”, de forma que os usuarios da piscina e os do ximnasio ou salas de actividades conflúen neste punto, pero sen mesturarse, o que derivará nunha mellora das condicións hixiénicas e sanitarias.

O ximnasio sitúase na zona sur, gañando en superficie e mellorando a súa funcionalidade. Na planta baixa sitúase a recepción e, por detrás desta, dous vestiarios independentes para grupos e un vestiario de persoal, ademais dun despacho para administración.

Completando o conxunto, creouse un núcleo de aseos para o público e unha cafetería que dá servizo tanto á Piscina como ao Pavillón Polideportivo, con vistas aos vasos, e saída directa cara as bancadas tamén reformadas. A cafetería, segundo indicou o alcalde, sairá a concurso en vindeiras datas.

Intervención do Alcalde José Tomé. Foto: XdL.

ÚLTIMAS

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...