HomeDeportesO volei das Escolas Deportivas Municipais de Chantada estrea tempada na casa...

O volei das Escolas Deportivas Municipais de Chantada estrea tempada na casa este 16 de novembro

Como gran novidade desta tempada, despois de rematar o pintado da cancha de voleibol no Polideportivo Municipal, os equipos xa poderán disputar partidos oficiais en Chantada, achegando a emoción desta disciplina á afección local e ampliando a oferta deportiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voleibol galego, principalmente feminino, goza dunha excelente saúde e unha tradición notable. A concellaría de Deportes do Concello de Chantada incorporaba esta disciplina ás Escolas Deportivas Municipais na tempada pasada e nesta consolídase a estrutura deste deporte no Concello contando con tres equipos na categoría escolar (benxamín mixto e 2 alevíns femininos), que participan activamente nas ligas do programa deportivo XOGADE. Ademais, mantense o equipo de referencia, o cadete feminino, que compite coa Federación Galega de Voleibol (FGVb).

Este domingo, 16 de novembro, celébranse no Pavillón Municipal de Chantada dous encontros da primeira fase do grupo E da cuarta división cadete femenina que enfrontarán ao EDM Chantada e ao Club Voleibol Ourense XF, ás 17:00h e ás 19:00h. As locais comezan competición co CVO, un club fundado no ano 1989 que conta cunha forte estrutura de canteira con máis de 250 rapaces e rapazas.

Nas Escolas Deportivas Municipais de Chantada son preto de medio cento de rapaces e rapazas as que participan deste deporte cuxa dirección técnica corre por conta do Club Ribeira Sacra de Monforte, garantindo unha formación de calidade para as xogadoras. Desde a concellaría de Deportes de Chantada anímase a veciñas e veciños a acompañar ás locais nestes primeiros encontros oficiais de voleibol en Chantada.

ÚLTIMAS

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...