HomeDeportesAdegas de Amandi organizan un torneo de golf en Monforte

Adegas de Amandi organizan un torneo de golf en Monforte

Trátase da 'Liga das grandes adegas' na que compiten Don Bernardino, Tear, Viña Frieira e Viñedos Zarzagal. A competición comezou estes días e terá continuidade en varias datas de decembro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O pasado xoves día 20 de novembro deu comezo no Club de Golf Río Cabe de Monforte a competición de golf na modalidade de Pitch & Putt bautizada como “A Liga das Grandes Adegas de Amandi”. Está patrocinado por catro adegas da subzona de Amandi: DON BERNARDINO, VIÑEDOS ZARZAGAL, TEAR e VIÑA FRIEIRA.

A liga consta de tres probas, a primeira das cales xa se celebrou os días 20, 21 e 22 de novembro. A segunda xeira disputarase os días 4, 5 e 6 de decembro, e haberá unha xornada final os días 18, 19 e 20 de decembro.

Todas as probas dispútanse de forma individual cuxos resultados, tanto scratch como hándicap, irán conformando unha clasificación xeral na que se terán en conta as dúas mellores tarxetas de cada xogador/a.

Haberá tamén premios por cada proba consistentes en viño tamén das catro adegas. A liga rematará o día 20 de decembro onde se realizará a entrega de premios de cada proba e darase conta da clasificación xeral.

Dende a organización agradecen a colaboración entre os viticultores da subzona de Amandi e a súa aposta polo deporte comarcal patrocinando esta liga de Pitch & Putt.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...