Estas axudas concédense para axudar ás asociacións deportivas monfortinas a cubrir gastos da súa actividade no ano 2025. O alcalde, José Tomé, destaca o importante traballo que realizan estas entidades e o esforzo dos deportistas monfortinos, “por iso desde o Concello colaboramos moi estreitamente con eles, para que os clubs e os deportistas realicen as actividades deportivas nas mellores condicións posibles”.
Neste senso, recorda as inversións feitas nos últimos anos para mellorar as infraestruturas deportivas da cidade, especialmente a intervención no conxunto deportivo da Pinguela, coa reforma integral do pavillón polideportivo e a renovación da piscina municipal.
As axudas teñen contías que van desde os 1.000 aos 18.000 euros e están distribuídas do seguinte xeito:
-A.D. A Ponte Vella: 1.000€
-Club Baloncesto Val de Lemos: 7.500€
-A.D.C. Monteforte: 1.500€
-Club Lemos: 18.000€.
-Club Fluvial de Monforte: 1.000€
-A.D. Torre de Lemos: 1.000€
-Sociedade Val de Lemos: 1.500€.
-A.D. Escolapios: 1.000€
-Club Quixós: 6.000€
-Club Natación Monforte: 15.000€
-A.D. Colexio Ferroviario: 1.000€
-Club Rítmica Quicela: 4.000€
-Club Ciclista Ribeira Sacra: 1.000€
-A.D. A Gándara: 2.500€.

