HomeDeportesEntréganse os trofeos da II Calasancio Cup

Entréganse os trofeos da II Calasancio Cup

O evento deportivo disputouse nos campos de fútbol Álex Blanco, Luis Bodegas e A Pinguela de Monforte en dúas xornadas e enfrontou a equipos de máximo nivel de Galicia, Asturias, Castilla y León e Portugal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou esta fin de semana os trofeos ao campión e ao subcampión da segunda edición da Calasancio Cup, o torneo de fútbol infantil sub-14 organizado polo Club Calasancio coa colaboración do Concello de Monforte.

O rexedor, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e polo presidente do CP Calasancio de Monforte, Juan Carlos Díaz, asistiu á final, que tivo lugar no campo municipal de fútbol da Pinguela e que enfrontou ao RC Celta de Vigo e o SC Braga. Este último proclamouse campión da II Calasancio Cup tras resultar invicto en todos os partidos que xogou no torneo.

O Concello de Monforte colabora con este torneo a través da cesión de espazos deportivos e da aportación dos premios. Neste senso, o Alcalde ratificou o compromiso do seu Equipo de Goberno co deporte base monfortino e, neste caso, co fútbol formativo e cos xoves deportistas.

Ademais, o rexedor puxo tamén en valor iniciativas como a II Calasancio Cup, que reuniu na cidade do Cabe a grandes clubs deportivos do noroeste peninsular, “ofrecendo un cartel competitivo de moito nivel e, polo tanto, unha oportunidade tamén para o público afeccionado ao deporte base”. Así mesmo, destacou a “excelente oportunidade a nivel de visibilidade, proxección e dinamización da actividade económica” que supuxo este torneo para Monforte.

ÚLTIMAS

Máis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis de 5.000€ en premios

Este ano encabezaban o desfile os traxes tradicionais do Entroido de Budián e contábase...

5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

Esta modificación do acordo conta con todos os informes favorables e suporá “unha mellora...

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf...