HomeDeportesPartido da Primeira Federación no campo da Pinguela de Monforte

Partido da Primeira Federación no campo da Pinguela de Monforte

Será este domingo 25 de xaneiro, ás 16.00 horas, e o encontro enfrontará ao Ourense CF co Cacereño, partido correspondente a xornada 21 do Grupo A da Primera Federación (antiga 2ªB).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O campo municipal de fútbol da Pinguela, en Monforte de Lemos, acollerá este domingo, 25 de xaneiro un partido entre o Ourense CF e o Cacereño, encontro que anunciaron días atrás en rolda de prensa o Alcalde José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán; o presidente do Club Lemos, Antonio López; e o presidente do Ourense CF, Camilo Díaz.

Segundo explicou o rexedor monfortino, o Ourense CF solicitou a utilización do estadio municipal de A Pinguela porque o seu campo, O Couto, atópase actualmente en obras de renovación do céspede. A solicitude do club ourensán faise tamán atendendo a que as instalacións municipais de A Pinguela resultan idóneas para o equipo ourensano tanto por proximidade coa cidade de Ourense, como polas súa condicións, xa que cumpren coas esixencias da Federación Española de Fútbol.

RELEVANCIA DO EVENTO

Respecto deste evento, que terá lugar se as condicións metereolóxicas da fin de semana e as autoridades o permiten, o Alcalde referiu que “ten moita relevancia para Monforte por varios motivos. Primeiro, porque falamos dunha categoría na que todos os partidos son televisados e iso significa que a nosa cidade terá proxección a través deste encontro e unha repercusión que sempre é importante”. Ademais, engadiu, “acoller este partido demostra que a nosa cidade conta con excelentes instalacións deportivas, perfectamente aptas para a celebración de partidos de primeiro nivel como este, e así o ratifica a autorización da Federación Española de Fútbol para que o partido se aquí”.

Será, ademais, unha ocasión para ver en Monforte a un dos equipos revelación da edición deste ano da Copa do Rey que foi quen de eliminar a equipos de Primera División como o Real Oviedo e o Girona FC para despois quedar eliminado por un apretado 0-1 ante o Athletic Club de Bilbao.

AGRADECEMENTO E PREZO DAS ENTRADAS

O presidente do Ourense CF, Camilo Díaz, agradeceu a acollida e expresou o seu desexo de ofrecer este domingo “un día bonito de fútbol” animando aos veciños e veciñas de Monforte a asistir ao encontro.

O prezo das entradas será de 15 euros para o público xeral e de 10 euros para os socios do Club Lemos, mentres que os afeccionados do Ourense CF poderán acceder co seu carné. A recadación será a favor do Club Lemos.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...