HomeDeportesMonforte acode á Pinguela para seguir a Primeira Federación

Monforte acode á Pinguela para seguir a Primeira Federación

Este domingo, 25 de xaneiro, celebrouse no Campo Muncipal da Pinguela o partido de Primera Federación (antiga 2ªB) entre o Ourense CF e o CP Cacereño e que finalizou cun resultado de 0-1.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte , José Tomé Roca, asistiu ao encontro acompañado polos Concelleiros de Deportes, José Manuel Mougán, e de Muller e Igualdade, Margarita López, así como dos presidentes do Club Lemos, Antonio López, e do CF Ourense, Camilo Díaz, ademais doutros membros das directivas de ambos clubs e representantes do Concello de Ourense. Antes do inicio do partido, gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Adamuz.

Este encontro correspondente á xornada 21 do Grupo A de Primera Federación tivo lugar nas instalacións monfortinas a petición do Ourense CF, xa que o campo do Couto, na cidade das Burgas, atópase actualmente en obras para a renovación do céspede. “Acoller este partido no estadio de A Pinguela demostra que temos unhas excelentes instalacións deportivas, perfectamente aptas para a celebración de partidos de primeiro nivel como este, que cumpre coas esixencias da Federación Española de Fútbol”, indicou José Tomé.

En agradecemento a esta colaboración, o presidente do CF Ourense, Camilo Díaz, e o Director Xerente do equipo, Javier Quiroga, entregáronlle ao Alcalde monfortino e ao Presidente do Club Lemos, senllos trofeos conmemorativos deste partido.

A celebración deste encontro supón tamén unha importante proxección para Monforte, xa que todos os partidos da Primera Federación son televisados. Ademais, o partido foi seguido por un numeroso público afeccionado desde as gradas da Pinguela. As entradas vendéronse a 15 euros para o público xeral e 10 euros para os socios do Club Lemos, mentres que os abonados do Ourense CF accederon co seu carné de socios. A recadación foi a favor do Club Lemos.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...