HomeDeportesComeza a montaxe do equipamento deportivo do novo Ximnasio da Pinguela

Comeza a montaxe do equipamento deportivo do novo Ximnasio da Pinguela

A previsión, como xa anunciara o rexedor local, é que o novo Ximnasio empece a funcionar na primeira quincena de febreiro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 26 de xaneiro, comezaron os traballos de montaxe do equipamento deportivo do novo Ximnasio Municipal da Pinguela. A adxudicataria é a empresa Jonhson Health Technologies Ibérica SL por importe de 106.791,98 euros e os operarios traballan xa na descarga e instalación das máquinas e do material.

O Ximnasio Municipal forma parte do Complexo Deportivo da Pinguela, que foi remodelado coa reforma integral do Pavillón Polideportivo no 2023 e da Piscina, inaugurada o pasado mes de outubro. Ambas infraestruturas suman unha inversión de 6 millóns de euros dirixida a renovar estas instalacións deportivas “creando un complexo deportivo único, eficiente e moderno”, indica o Alcalde.

Coa remodelación e reordenación dos espazos, o Ximansio gaña en superficie e funcionalidade, ubicado nunha sala  acristalada situada na zona sur do edificio. O equipamento contratado ten como finalidade ofrecer aos usuarios e usuarias a maquinaria e material necesario para o desenvolvemento de programas de deporte e saúde.

Material e equipamento

No que se refire ao equipamento cardiovascular, o  material subministrado pola empresa adxudicataria inclúe a dotación de 5 cintas de correr, 3 elípticas, 3 bicicletas verticais, 1 bicicleta horizontal/reclinada e 3 bicicletas ciclo indoor.

A dotación incorpora, ademais, unha ampla variedade de máquinas destinadas a exercicios de forza, equipamento de peso libre para forza con diversidade de bancos e barras, zona de adestramento funcional con módulos específicos, elementos de almacenaxe de material e os correspondentes accesorios para os aparatos.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...

636.334€ e 4 meses de prazo de execución para a fonte do Parque dos Condes

O procedemento de contratación abriuse o pasado mes de outubro coa licitación do contrato,...

Seis comercios da Comarca de Sarria melloran a súa competitividade con axudas da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou en Sarria a tenda...

A igualdade traballada dende o ‘teatro interxeracional’ en Pantón

O Concello de Pantón organiza dentro das actividades do Pacto de Estado contra a...