HomesociedadeAberto o prazo para que asociacións de Lugo soliciten subvencións culturais e...

Aberto o prazo para que asociacións de Lugo soliciten subvencións culturais e deportivas

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 600.000 euros na convocatoria de axudas de concorrencia para asociacións culturais, e 660.000 para clubs e entidades deportivas. Facilitamos información ao detalle e acceso ás bases e ao resto de documentación para coñecer a tramitación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado 11 de marzo a convocatoria de axudas de concorrencia para asociacións culturais da Vicepresidencia da Deptuación de Lugo, cun importe total de 600.000 euros. A convocatoria inclúe dúas liñas de axuda: unha para a realización de actividades culturais, dotada con 350.000 euros, e outra para melloras nas instalacións e no equipamento de locais, cun importe de  250.000 euros.

A deputada Iria Castro explicou que “un ano máis reforzamos esta liña de axudas para atender o crecente dinamismo das asociacións culturais e veciñais, unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización e convivencia arredor da cultura e do patrimonio, especialmente nas parroquias e concellos máis pequenos”. E lembrou que “o importe desta convocatoria incrementouse nos dous últimos anos nun 60%”.

A principal novidade da convocatoria é o incremento da contía mínima dos 500 aos 800 euros, que actualiza a cantidade mínima   atendendo ao incremento xeral dos custos tantos dos servizos como dos materiais que as asociacións poden financiar con estas subvencións.

ACTIVIDADES CULTURAIS E MELLORAS EN LOCAIS SOCIAIS

A área de Cultura colabora, por unha banda, na organización de actividades e eventos culturais por parte das asociacións, especialmente aquelas orientadas á difusión do patrimonio material e inmaterial de Galiza, a historia, a música e  as tradicións. As axudas oscilan entre os 800 e os 3.000 euros.

E por outra banda subvenciona actuacións de mellora, acondicionamento e reforma de locais e instalacións culturais que os colectivos culturais teñan en propiedade, cedidas ou alugadas. Tamén se subvenciona a compra de equipamento, facilitando así que as asociacións conten cos medios adecuados para as súas actividades culturais. As axudas oscilan entre os  800 e os 2.000 euros.

BASES, PRAZO E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes abriuse o 12 de marzo e alongarase ata o 26 de marzo, incluído. As bases e modelos de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo.

SUBVENCIÓNS PARA CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Deportes, vén tamén de publicar o pasado 12 de marzo a convocatoria de axudas de concorrencia para clubs e entidades deportivas. O importe total será de 660.000 euros, 60.000 euros máis que na última anualidade.

Os clubs teñen ata o 27 de marzo para solicitar as subvencións, achegas que irán dirixidas a financiar gastos relacionados coa actividade competitiva como, por exemplo, a compra de material deportivo e equipacións, custos de transporte, fichas, arbitraxe, persoal ou alugueiro de instalacións.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro destacou “o reforzo da convocatoria, cun incremento do 10 por cento nos fondos dispoñibles” e lembrou que se trata “da liña de axudas con maior dotación das que se convocan desde a institución provincial, mostra do compromiso desta administración co tecido deportivo da provincia”.

As axudas oscilan entre os 500 e os 6.000 euros, en función dos criterios sinalados nas bases, referidos ao rendemento deportivo (ascensos de categoría, resultados en campionatos estatais ou internacionais,..), á incidencia social do club (número de licenzas federativas e/ou equipos en relación co número total de cada disciplina), ao ámbito territorial, aos anos de creación da entidade ou ao persoal contratado.

As bases e modelos de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...