HomeDeportesAta o 24 de abril pódense presentar ofertas para a xestión da...

Ata o 24 de abril pódense presentar ofertas para a xestión da cafetería do complexo deportivo da Pinguela

O prezo mínimo establecido para prestar este servizo é de 400€ mensuais (4.800€/ano) ao que se engadirán os impostos correspondentes. O prazo de duración será de 2 anos, coa posibilidade de dúas prórrogas anuais de ano en ano, de xeito que a duración total da presente concesión, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de 4 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A licitación publicouse este mesmo xoves, 9 de abril, na Plataforma de Contratación do Sector Público e o prazo de presentación ofertas esténdese ata o vindeiro venres 24 abril. Unha vez resolto o procedemento administrativo de adxudicación e formalizada a sinatura do contrato, procederase á apertura do servizo.

A cafetería consta dun espazo de 105 m2 e dispón de barra e todo o mobiliario interior necesario para a explotación. A instalación, completamente renovada, conta cunha ampla cristaleira con vista ás piscinas e dará servizo á Piscina Municipal e ó Pavillón, polo que se prevé unha alta afluencia de deportistas, clubs, persoal técnico e público asistente a eventos deportivos e público xeral.

“Son moitas as persoas usuarias que utilizan diariamente estas instalacións e queremos ofrecer un servizo de calidade”, apunta o alcalde, José Tomé Roca. Neste senso, lembra que trala reforma integral, primeiro do Pavillón e posteriormente da Piscina, a infraestrutura funciona agora como un complexo deportivo xestionado de forma conxunta.

Características e horarios

A cafetería prestará servizo durante toda a tempada de apertura do complexo deportivo (de xaneiro a decembro) e estará obrigada a manter o servizo no seguinte horario mínimo e máximo:

De luns a venres:

  • Mínimo: de 8.00 a 13.00 h e de 16.00 a 21.00 horas.
  • Máximo: de 7.30 a 14.00 e de 15.00 a 23.00 horas.

Fins de semana e festivos:

  • Mínimo: Sábados: de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 h.
  • Domingos e festivos: de 10.30 a 14.30 h.

Nas fins de semana e festivos nos que haxa algún tipo de evento ou competición deportiva cuxo horario non estea dentro do mínimo establecido, o concesionario deberá prestar o servizo, a excepción dos domingos e festivos en horario de tarde. Neste caso deberá abrir, como mínimo, 30 minutos antes do evento e ata 30 minutos despois do remate.

A cafetería dará servizo ao Complexo Deportivo da Pinguela, que foi profundamente remodelado coa reforma integral do Pavillón Polideportivo no 2023 e da Piscina, inaugurada en outubro de 2025. Ambas infraestruturas suman unha inversión de 6 millóns de euros dirixida a renovar estas instalacións deportivas “creando un complexo deportivo único, eficiente e moderno”, indica o Alcalde.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...