HomeDeportesA Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 20 de abril...

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 20 de abril un Torneo Internacional de Xadrez

A Casa da Cultura de Chantada acolle desde este luns e ata o 20 de abril o Torneo Internacional de Xadrez, Copa Seis Nacións Concello de Chantada, que organiza o Círculo chantadino de xadrez coa colaboración do Concello de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O torneo que trae á vila do Asma a xogadores de primeiro nivel comezaba este luns pola tarde despois da presentación da que participaron representantes do Círculo chantadino de xadrez como Camilo Rodríguez e Miguel Vázquez, presidente e tesoureiro respectivamente;  o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e a concelleira de Deportes, Belén Vázquez Caseiro, ademais do árbitro do torneo, Ovidio Mario Tallarico e de 6 xadrecistas:

  • Petkov Vladimir, Bulgaria 1971, Gran Mestre Internacional de Xadrez
  • Docampo Beltrán Dexter, Cuba 1999, Mestre FIDE de Xadrez
  • Strikovic, Aleksa, Serbia 1961, Gran Mestre Internacional de Xadrez
  • Singgih, Diajeng, Theresa, Indonesia 2004, Mestra Internacional Feminina
  • Claverie Raúl, Arxentina 1983, Mestre Internacional de Xadrez
  • Chelhod Víctor, Francia 1998, sen titulación internacional

Trátase dun torneo pechado onde o número de participantes está limitado por invitación ou por inscrición. Neste caso son 6 xogadores dun país sen poder repetir nacionalidade e é valedeiro para a norma de Mestre Internacional e a norma de Gran Mestra Internacional Feminina. “A este respecto a única muller participante vén a Chantada para conseguir a norma e o título, mentres o francés busca o seu primeiro título ou o cubano conseguir o Gran Mestre Internacional”, explican desde o Círculo chantadino.

Pola súa banda o alcalde asegura que o torneo dá a posibilidade de que os amantes do xadrez poidan ver o xogo de xente de verdadeiro nivel, como pensan e as estratexias que utilizan, convertindo a Chantada en referente do mellor xadrez do momento.

O Círculo chantadino de xadrez botou a andar a comezos dos 2000 contando con gran afección e moito nivel, cun club en división de honra máis de 10 anos.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....