HomeDeportesO Ribeira Sacra Futsal campión en 'alevín e benxamín' da Liga Xogade

O Ribeira Sacra Futsal campión en ‘alevín e benxamín’ da Liga Xogade

A fase provincial desta competición provincial disputouse o pasado sábado 25 de abril nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Asociación Deportiva Ribeira Sacra Futsal de Monforte de Lemos foi protagonista da fase final provincial da Liga Xogade de Fútbol Sala ao resultar gañadores nas categorías alevín e benxamín.

A competición tivo lugar o pasado sábado 25 de abril e chegaban a esta fase final 12 equipos da provincia que participaron nas categorías de Infantil, Alevín e Benxamín. Na categoría Infantil o campión foi o equipo representante de Outeiro de Rei, quedando de segundo o Burela e como terceiros os rapaces de Chantada. En Alevín, o ouro foi para o Ribeira Sacra Futsal, mentres que a prata foi para Xove e o bronce para A Pastoriza. Na categoría Benxamín, os monfortinos do Ribeira Sacra Futsal tamén resultaron gañadores, sendo a prata para Outeiro de Rei e o bronce para Celeiro.

A remate da competición, na entrega de trofeos estiveron os alcaldes dos concellos anfitrións, Quiroga e Ribas de Sil, algúns concelleiros, e o xefe do servizo provincial de deportes, Manolo Cadramón.

Entrega de medallas ao equipo alevín do Ribeira Sacra Futsal. Foto: Marta.

Dende o Ribeira Sacra Futsal din estar moi satisfeitos por este éxito deportivo que “é resultado do gran traballo de Victor Estrada, fundador da asociación deportiva e adestrador das dúas categorías que participaron”. Na formación do equipo benxamín estiveron: Xián, Julen, Yerai, Enzo, Pedro, Lois, Leo, Carballo e Iker. Na alevín: Andrea, Eloy, Enzo, Sergio, Jorge, Nico, Raúl, Víctor, Luca e Antón. O equipo de adestradores: Víctor Estrada, Ribi e Luis.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...